viernes, 10 de julio de 2009

Tres corpos illados, perdidos na materia... pode que faltos de lembranzas, ou máis ben colmados delas, rebosantes.
Na procura das orixes ou escapando delas, atópanse entre choivas de mariscos e copas de coñác.
A loita dos enrugados corpos engaiolados nas mentes hipnotizadas un intre antes da matanza do destino.
Ecos dos saudos e dos encontros no reloxo da creación, palabras na distancia que aproximan os pensamentos valeiros.
Ainda non deu comezo, e xa non lembran nada. Esqueceron o motivo que lles levou aló, a calquer lugar.
A mentira... unha gran verdade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.